mércores, 29 de xuño de 2016

martes, 21 de xuño de 2016

Saudade , Arxentina

Francisco Luís Bernárdez (Buenos Aires1900-1978) era fillo de emigrantes procedentes de Maceda. El é o autor do poema que cantan estes rapaces do colexio Santiago Apóstol (Buenos Aires).Unha imaxe de Francisco Luís Bernárdez aparece ao principio do vídeo. El foi un poeta e diplomático arxentino que colaborou na revista Nós e que escribiu varias obras en galego, entre elas o “Discurso encol do Idioma Galego” publicado en 1953, no que denuncia o estado da nosa lingua na ditadura franquista.
O poema que canta a rapazada do Santiago Apóstol é o seguinte:
SAUDADE
Non sei quen é, non sei como se chama.
Non sei de donde ven nin quen a envía,
Non sei si é de tristura ou de alegría
A voz con que ela clama e me reclama.
Non sei si cada bágoa que derrama
Brota de gostosura ou de agonía
Non sei si o que ela chora noite e día
Ven do seu ser ou do que o meu máis ama.
Somente sei que a sinto tan presente,
Tan viva, tan real, tan insistente
Como a lembranza e a melancolía.
Como a reminiscencia de un cheirume.
De un vago son, de un indeciso lume,
De algo que fai pensar en Rosalía (…).

mércores, 15 de xuño de 2016

Ferro

Contracorrente

Clara Pino e os seus alumnos do Xelmírez I  cantan a contracorrente

luns, 13 de xuño de 2016

xoves, 9 de xuño de 2016

XOGANDO COA LINGUA

PERSECUCIÓN

Detective Eladio Osborne. Extraordinario observador, realmente eficiente. El leva anos solventando obstáculos. Segundo ocorren novidades, sae enérxico observando os síntomas. Sempre experimenta algunha astucia, algún novo obxectivo onde enxergar recompensa. A asistenta, Ana, agarda atentamente e escribe eficiente esta anotación no oculto ordenador:Rúa Aniceto Oronda. Asasinato o oito. Ostras! Sabede, espectadores, sabede: É Eladio o ocupante. El lerá a anotación? Non. Nada. Ai, ignorante Eladio Osborne, esqueciches sospeitar realmente.Ela, Ana, ascende. É ela agora a astuta. A asistenta asasina.



TAUTOGRAMA

Merendamos moito. Metía medo mirar meteoricamente marmeladas, manteiga, morangos... María manifestou mareos, malestar... Miña madriña mandou marchar. Médico mira María. Mándalle mercar moitas medicinas. María mañá merendará medicamentos máxicos. Mmmm!, mentres Manoliño morderá morcelas, macarróns, mazás...

Manoliño Merenda Manteiga

mércores, 8 de xuño de 2016

PALÍNDROMOS ILUSTRADOS







ABECEGRAMAS

 

Anxo botou catro días enfermo. Foi gastroenterite. Hoxe imaxinamos leve melloría. Nada! Náñaras obrigadas, parruliños, que remedio! Sabedes? Terá unha vacina xa! Zas!

                                                                                                                               Carlos Medrano 








                                O final

O profesor Jones traballara na teoría do tempo

                   ao longo de moitos anos.

    -E atopei a ecuación chave- dixo un bo día á súa filla-.

O tempo é un campo. A máquina que fabriquei pode manipu-

            lar, e mesmo inverter, ese campo.

       Premendo un botón mentres falaba, dixo:

  -Isto fará retroceder o tempo o retroceder fará isto-

          dixo, falaba mentres botón un premendo.

  -Campo devandito o, inverter mesmo e, manipular pode

fabriquei que máquina a. Campo un é tempo o -filla  súa á

             día bo un dixo-. Chave ecuación a atopei e.

anos moitos de longo ao tempo do teoría na traballara

                    Jones profesor o.

                                    Final o