xoves, 18 de xuño de 2009

E ti de onde vés sendo?

Este é algún dos traballos que estivemos a facer ( Gabi, Jenni,...). Agardamos que vos gusten.

E ti que les?

Para a primeira semana de xuño temos a sorte de recoller o testemuño da fermosísima exposición elaborada no IES DE SABÓN que se titula " E ti que les?" na que distintos personaxes galegos comentan as súas lecturas favoritas. O noso agradecemento á promotora do proxecto, Xoana. Agardamos impacientes a súa chegada.
Como tamén vén acompañada dun vídeo, ofrecémosvos un adianto. Esperamos que vos guste.
Miguel de Lira

Cal é a vila que che presentamos?

Ímosvos presentar a seguinte proposta: nós presentámosvos imaxes dun lugar de Galicia, achegamos pistas e tedes que adiviñar de que lugar se trata. Animádesvos?




1- No centro da vila érguese un monumento na honra duns militares que se alzaron en 1846.

2- Manuel María escribiu unha obra teatral sobre estes feitos históricos. A dita obra represéntase todos os anos, en abril.

3- Na vila que queremos que descubras tivo o seu estudio fotográfico o famoso Manuel Ferrol, quen retratou de xeito certeiro a nosa emigración.

Xa sabes de que vila se trata? Se é así , entrega a resposta na Biblioteca do Instituto ou unha mensaxe.

Cal é o teu favorito?

Os libros están abertos a ti, voan cara a ti e con eles vives aventuras sorprendentes; seguro que xa estás a devorar outro; por que páxina vas?; cal estás a ler agora?


curtametraxes galegas

Convidámosvos a ver esta curtametraxe en galego: As muxicas ( http://flocos.tv/curta/as-muxicas/ )

bos días a todas e todos

Este blogue nace cun obxectivo ben claro, a vosa participación. Así que mans á obra e lembrade o que dicía Castelao: " non lle poñades tacha á obra, colaborade con ela".